Acquista i tuoi biglietti
Vendita online chiusa.
Per maggiori informazioni chiedi all'organizzatore dell'evento.
I dettagli dell'organizzatore sono nella sezione "Organizzato da".
Descrizione dell'evento
Paseos para a recollida das sete herbas de San Xoán na contorna das Brañas do Sar. Os participantes aprenderán a recoñecer as sete herbas de San Xoán e os valores sandadores e protectores relacionados con elas e recollerán un pequeno ramiño co que realizar, durante a noite máxica, a tradicional Auga de San Xoán.
Horario: 17.00 a 18:30 hrs. (presentación no punto de encontro 10 minutos antes do comezo)
• Roupa e calzado cómodo. É unha ruta moi sinxela.
• Se chove de forma moderada, roupa e calzado para chuvia, paraugas.
• Se chove moito, a actividade desenvolverase a cuberto na praza de Mazarelos, pero o punto de encontro será igualmente a IGREXA DA COLEXIATA DE SAR, tanto se chove como se non.
• En relación ao calzado, tede en conta que imos por unhas brañas, polo que o chan previsiblemente estará húmido ou mollado aínda que non chova.
Os menores deben asistir á ruta acompañados dunha persoa titora responsable.
As prazas para esta actividade son limitadas. Se finalmente no vas asistir a este evento rogamos canceles a túa reserva a través dun correo electrónico a santiagosanxoan22@gmail.com indicando o teu nome completo e o número de entradas que tiveras reservadas.
ACTIVIDADE GRATIS.
Politica di accesso
Commenti
2